A orquestra Panamá arrufará a verbena do Entroido

A orquestra Panamá arrufará a verbena do Entroido
26 de Xaneiro, 2023 - 12:15 h. | Publicada por Radio Fene

Abre o prazo de inscrición para as comparsas que queiran participar no desfile e festival que terá lugar na Praza Ramón Souto de Fene o mércores 22 de febreiro, no marco do Entroido fenés. As agrupacións interesadas en anotarse poderán facelo até as 14.00 horas do mércores 15 de febreiro no Rexistro Xeral do Concello e optar ás axudas que establece o Concello de Fene (bases publicadas na web municipal) para fomentar a participación da veciñanza nos actos do Entroido.  

Comparsa da Santa Compaña. Fene. Entroido 2020.

A Concellería de Cultura ultima os preparativos do Entroido 2023 que se desenvolverá nas xornadas do martes 21 e mércores 22 de febreiro, festivo local no Concello de Fene. O ciclo comezará o martes 21, Martes de Entroido, a partir das 18.00 horas cunha festa infantil a cargo de La Guagua e co  tradicional reparto de lambetadas para todos os nenos e nenas participantes. A xornada completarase cunha verbena a cargo da Orquestra Panamá, que comezará arredor das 21.00 horas e que incluirá a actuación dun Dj durante o descanso. As actividades do Entroido en Fene continuarán o mércores 22 de febreiro, Mércores de Cinza e festivo local no termo municipal. Haberá concentración de comparsas ás 17.30 horas en Perlío (Pista Polideportiva do CCRD de Perlío) para iniciar un percorrido pola Rúa San Salvador, Avda. Marqués de Figueroa, Cruce de Fene e Avda. Naturais de Fene ata chegar á Avenida do Concello. Ao chegaren á Praza Ramón Souto, terá lugar a actuación das comparsas, a lectura do Testamento do Entroido, a queima do boneco e o espectáculo pirotécnico (no Parque Castelao). 

Cultura

Publica o teu comentario agora