A orquestra París de Noia actuará en Barallobre

A orquestra París de Noia actuará en Barallobre
13 de Marzo, 2026 - 10:30 h. | Publicada por Radio Fene

A orquestra París de Noia actuará na ribeira de Barallobre o venres quince de maio. Un grupo de empresarios da zona financia o concerto, organizado pola comisión de festas de Barallobre. A comisión, presidida por Luis Valencia, ten tamén apalabradas as orquestas para o Santiago e o Carme, o 25 e o 26 de xullo. 

 

Fotografia Xan Xe

Barallobre gozará coa música e co espectáculo dunha das orquestras galegas máis emblemáticas. Segundo confirmou a Radio Fene Luis Valencia, unicamente falta contar cos necesarios permisos do Concello de Fene de Portos de Galicia e da subdelegación do goberno. Como en calquera festa patronal, a comisión deberá suscribir unha declaración responsable diante do ente municipal. Unha dificultade engadida consistirá no acceso dos catro camións trailer da orquestra á explanada onde se ubicaba a nave de Fondomar. 

A París de Noia conta cun dos escenarios moviles máis grandes de Galicia, composto por unha infraestructura que se transporta en catro trailers e un camión pequeno. O escenario conta con 18 metros de fronte, 10 metros de profundidade e 11 metros de altura. Inclue tamén pantallas LED, equipos de son e iluminación. 

 

Imaxe das festas de Perlío. 2024.

Fotografía Xan Xe

Sociedade

Publica o teu comentario agora