ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Deputación da Coruña destinará 65.000 euros para financiar á realización dun ciclo de concertos da Orquestra Sinfónica de Melide denominado “Antoloxía da Zarzuela”, no que se repasarán algúns dos fragmentos máis populares das obras deste xénero e que percorrerá distintos concellos da provincia. Así o establ
A achega provincial supón o 75% do orzamento total desta actividade cultural, que ronda os 88.000 euros, e no que se inclúen, entre outros apartados, os gastos de artistas, aluguer de tarimas e materiais da orquestra, os desprazamentos, a produción e publicidade dos concertos e a gravación dun DVD, do que a Deputación da Coruña recibirá 100 exemplares. O espectáculo, creado, dirixido e interpretado por 150 persoas é unha recompilación das principais pezas instrumentais, coros e arias de zarzuela, cunha duración aproximada de 90 minutos.
Salvador Fernández Moreda afirmou que este ciclo de concertos permitirá levar a música da Orquestra Sinfónica de Melide a varios concellos da provincia, “contribuíndo a achegar a cultura aos cidadáns da provincia, independentemente do concello onde vivan” e subliñou a longa traxectoria de colaboración que a institución provincial mantén coa orquestra melidense, considerada unha das referencias ineludibles da música sinfónica en Galicia e plataforma para a formación e promoción de mozas promesas da música clásica.
O presidente provincial gabou tamén a traxectoria desta formación musical, e do seu director, Fernando Vázquez Arias, “un artista comprometido coa creación e a formación de novos talentos musicais en Galicia e impulsor de ambiciosos proxectos musicais, como este ciclo de concertos”.
Pola súa banda, o director da Orquestra Sinfónica de Melide, agradeceu a colaboración económica da institución provincial para facer posible este novo ciclo de concertos, tras o éxito do espectáculo “Grandes Coros de Ópera”, cuxos concertos na Coruña, Ferrol, Betanzos e Culleredo contaron cunha importante afluencia de público, enchendo os recintos que acolleron os concertos. Segundo Vázquez Arias a variedade e popularidade do programa seleccionado para esta ocasión, a calidade dos solistas, o coro e a orquestra deste novo espectáculo reúnen as condicións axeitadas para atraer ao público de todas as idades.