Orzamentos equilibrados en Fene para un contexto de crise

Orzamentos equilibrados en Fene para un contexto de crise

03 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Uns orzamentos equilibrados para un contexto de crise económica. O Concello de Fene aprobou esta mañá os seus presupostos do presente ano 2010 que alcanzan os 11 millóns de euros. O documento de ingresos e gastos saiu adiante co respaldo do PSOE, a oposición do Partido Popular e a abstención do BNG e de Esquerda Unida.

O imposto de construccións cae nun 70%. Dos 680.000 euros que se ingresaron no 2008 pásase a 190.000 para o presente exercicio. Ese é o contexto no que se elaboraron os presupostos do Concello de Fene do 2010, segundo sinalou esta mañá no Pleno da Corporación o edil de Facenda Manuel Angel Rodriguez Carballeira. Un crédito de 460.000 euros e máis o Segundo Plan de Emprego e Sostibilidade permiten ao Concello de Fene manter os seus orzamentos no presente ano 2010, segundo se puxo de manifesto na sesión plenaria desta mañá. O endebedamento nas arcas municipais situase no 29 %, cando a Lei permite chegar ata o 110%, segundo sinalou o alcalde de Fene Iván Puentes. Os presupostos incluen ademais unha oferta pública de emprego que contempla a criación dunha praza de policia municipal. O documento económico inclue as subvencións nominativas que ascenden a 30.000 euros, a entidades culturais de 75.000 euros e as deportivas por importe de 80.000 euros. Rodriguez Carballeira apuntou que a pesar do contexto de crise, o gasto social aumenta, cifrandose esa partida en un millón e medio de euros. Tamén contemplan os orzamentos a correspondente dotación para a revisión e modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal. O voceiro do BNG Manuel Polo xustificou a súa abstención na necesidade de contar cun orzamento, pero criticou ao grupo de goberno ao que culpou da tardanza en presentar o documento. Acusou ao PSOE de gastar en cuestións innecesarias por riba das partidas fixadas en anteriores presupostos. Os nacionalistas anunciaron que esixirán o cumprimento dos presupostos, xa que non queren que Fene quede paralisado, segundo afirmaron. O representante do PP Gumersindo Galego indicou que non houbo diálogo co seu grupo.Criticou o recurso ao crédito e calificou de improvisación permanente a actuación ordinaria do grupo de goberno. Esquerda Unida xustificou a súa abstención censurando a tardanza na presentación do documento económico.

Sociedade