Os últimos coletazos do Moby Dick

Os últimos coletazos do Moby Dick

22 de Setembro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Sada

Un auténtico éxito de público e de emoción viviuse a pasada noite e esta madrugada en Sada. 12 grupos e intérpretes e 6 DJS actuaron na rúa do Río para homenaxear ao pub Moby Dick que ten que pechar as súas portas. "O espiritu da balea era o do rock and roll e do amor libre" manifestaba unha das asistentes ao acto.

O Moby Dick foi un dos locais máis emblemáticos das Mariñas, con máis de catro décadas de vitalidade. O seu propietario Modesto Pena "Lito" faleceu no pasado ano 2010. Lito dinamizara a vida cultural de Sada, desde os anos setenta. Organizou o primeiro festival rock da vila e foi tamén realizador de películas ademáis de impulsar festivais de cine.

O símbolo do Moby Dick era un combinado que se servía nunha palangana. O local convertiuse en punto de referencia da xuventude, dos moitos amigos e amigas de Lito. Agora, dous anos despois da morte do seu impulsor, o Moby pechará as súas portas na rúa do Río en Sada.

Sociedade