Os últimos quince anos de arqueoloxía luguesa estarán a disposición dos visitantes do Museo Provincial a partir de hoxe

Os últimos quince anos de arqueoloxía luguesa estarán a disposición dos visitantes do Museo Provincial a partir de hoxe

14 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Museo Provincial de Lugo volve a súa mirada cara a historia material da provincia catalogada nos últimos quince anos a partir de hoxe. Esta institución cultural lucense inaugurará este serán, a partir das 20.00 horas a exposición “Arqueoloxía 1990-2005”, e que permanecerá aberta ata o 28 de marzo. Este acto contará coa presenza de Antón Bao, responsable da área de Cultura e vicepresidente primeiro da Deputación

A exposición amosará algúns aspectos da arqueoloxía da provincia de Lugo desde a prehistoria ata o século XVIII. Na mostra daranse a coñecer materiais procedentes de varias das intervencións arqueolóxicas levadas a cabo nese intervalo de 15 anos e depositados nas zonas de reserva deste centro.

 

 

A presentación dos contidos da exposición articúlase a través de grandes áreas temáticas que abranguen a Idade da Pedra Lascada, a Idade da Pedra Puída co fenómeno cultural megalítico, a Idade do Ferro co fenómeno cultural castrexo, a Cultura Romana e a Idade Media e Moderna. Nesta orde evolutiva cronolóxica non se esquecerán o comezo da metalurxia coa Idade do Bronce, senón que ao longo destes quince anos non se entregaron no museo materiais adscritos a esta etapa.

Cultura