ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Chega ás librarías galegas, da man de 2.0 Editora, Manifesto de economistas aterrados. Trátase dunha obra redactada en 2010 por un grupo de economistas –Philippe Askenazy, Thomas Coutrot, André Orléan e Henri Sterdyniak– que manifestaron sentirse aterrados ao evidenciar que, malia desfeita financeira, nada cambiara nos discursos a prol do liberalismo nin nas políticas económicas que, segundo eles, provocaran a crise máis grave do
Manifesto de economistas aterrados recolle as “falsas evidencias” que explican a crise económica e propón as correspondentes solucións que “trazarían unha saída xusta, solidaria e económica e socialmente sustentable”. Os autores retrucan a suposta eficiencia dos mercados, o seu papel como activadores do crecemento ou a súa capacidade para determinar a solvencia dos Estados. Tamén debullan os argumentos de quen aseguran que a mellor vía para recuperar a senda do crecemento económico é a mingua do gasto público e tratan de refutar que o endebedamento sexa produto dun exceso en investimentos públicos.
Os “economistas aterrados” avogan por coutar o poder das finanzas e liberar aos gobernos da presión dos mercados, pero tamén por facer esforzos para definir unha fiscalidade moito máis redistributiva e abrir outros espazos de políticas posibles para facer sustentable o Estado de Benestar e xestionar de xeito mancomunado maiores recursos da Unión Europea.