Os “R” imprescindibles para minimizar os residuos e o esgotamento dos recursos

Os “R” imprescindibles para minimizar os residuos e o esgotamento dos recursos
02 de Novembro, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O Colexio de Maniños quere reducir residuos. Neste episodio de “Empeza por ti”, presentámosche unha boa práctica, un exemplo de como ti tamén podes colaborar para facer unha economía máis circular.

ESCOITA O PODCAST:

O colexio de Maniños partilla o interesante traballo que están a facer ao redor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable co seu proxecto de Centro “Somos quen”, no que levan adiante accións como “Recreos residuos cero”, un acto que non é simbólico e ten consecuencias no consumo.

O Obxectivo 12 pretende garantir modalidades de consumo e produción sostibles, algo fundamental para soster os medios de subsistencia das xeracións actuais e futuras. O noso planeta está a quedarse sen recursos, pero o índice de poboación segue crecendo. No caso de que a poboación mundial alcance os 9800 millóns de persoas en 2050, poderíase necesitar o equivalente a case tres planetas para proporcionar os recursos naturais necesarios para manter os estilos de vida actuais. Para reducir os nosos niveis de consumo, debemos cambiar os nosos hábitos que, se se modifican lixeiramente, poden ter un gran impacto na sociedade.

A adopción dunha economía circular implica deseñar produtos duradeiros, reparables e reciclables. Tamén implica promover prácticas como os tres “R”, a Reutilización, o Reacondicionamiento e a Reciclaxe de produtos para minimizar os residuos e o esgotamento dos recursos. Ademais, pódese adoptar un estilo de vida máis sostible: consumir menos, elixir produtos con menor impacto ambiental e reducir a pegada de carbono das nosas actividades cotiás.

Empeza por ti é un programa das Emisoras Municipais Galegas, realizado coa axuda da Deputación da Coruña.

Fotografía: XanXe

Sociedade

Publica o teu comentario agora