Os 17 plátanos do adro parroquial de Sillobre

Os 17 plátanos do adro parroquial de Sillobre

27 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por

No adro de Sillobre (Fene A Coruña) subastábase o trigo para pagar a festa. E unha das actividades que se celebraban á sombra dos plátanos que medran no adro da igrexa de Santa Mariña. Hoxe hai 17 exemplares pero en tempos houbo máis chegando ata a parcela que hoxe ocupa a escola unitaria. Os plátanos de Sillobre contan con máis de 100 anos, segundo testemuñas orais.

O cemiterio parroquial estaba nas proximidades da igrexa, ata que unha comisión cidadán decidiu trasladalo adquirindo uns terreos máis alonxados do edificio eclesiástico. O novo camposanto está presidido polos versos de Rosalia de Castro: "De polvo y sangre nacimos, fango y polvo nos tornamos, por qué, pues, tanto luchamos, si hemos de caer vencidos". A necrópole inaugurouse en 1927, sendo daquela o primeiro cemiterio civil do Concello de Fene. Unha xunta veciñal rixe ainda na actualidade os seus coidados. Conta con 336 nichos e 5 tumbas no chan.

Sociedade