Os 6.000 millóns de euros para a conexión do AVE con Galicia xa son un feito

Os 6.000 millóns de euros para a conexión do AVE con Galicia xa son un feito

08 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A macrolicitación das obras do AVE é xa un feito. Oito días máis tarde do límite ao que se comprometera o ministro de Fomento, José Blanco, o Consello de Ministros autorizou o maior investimento público nesta infraestrutura que permitirá conectar a liña de alta velocidade entre Galicia e a Meseta e que suporá unha achega de máis de 6.000 millóns de de euros. A nova, á que o propio Blanco chegara a vincular a sú

A xa alcumada “macrolicitación” do AVE contempla tanto os traballos de construción como de mantemento da infraestrutura que se desenvolverán mediante unha decena de contratos. Estes financiaranse a través de dúas fórmulas. O ente público Adif licitará a través dun concurso público convencional as obras de construción da plataforma ferroviaria entre a localidade zamorana de Lubián e Ourense, o que permitirá completar o traxecto da alta velocidade entre Madrid e Galicia. Por outra banda, acudirase á colaboración público-privada para executar a montaxe da vía no tramo que vai de Olmedo -en Valladolid-, a Zamora e Ourense, e o mantemento do comprendido entre Olmedo, Ourense e Santiago. A actuación divídese en dous paquetes que abranguen intervencións sobre unha distancia de 417 quilómetros e que incluirán a instalación do subministro de enerxía eléctrica, telecomunicacións e sistema de control do tráfico de trens. O vicepresidente primeiro do Goberno, Alfredo Pérez Rubalbaca, perante a gran magnitude do proxecto, desbotou esmiuzalo ao remate do Consello de Ministros e encomendou esa tarefa ao titular de Fomento, José Blanco.

O conselleiro de Infraestruturas do Goberno galego, Agustín Hernández, manifestaba esta mañá “total lealdade e colaboración” da Xunta cara o Executivo central nesta materia con tal de que Galicia poida conectarse a través do AVE co resto do territorio estatal a finais de 2015. Hernández recoñeceu que a licitación é “complicada” e se fai de xeito “innovador, dividíndoa en diferentes lotes”, o que podería dificultar a súa xestión. Tamén precisou que, ademais de licitar, cómpre adxudicar os traballos na liña este mesmo ano.

Institucional