Os accidentes de autobuses escolares

Os accidentes de autobuses escolares
20 de Setembro, 2022 - 01:23 h. | Publicada por Radio Fene

Nos anos 70 distintos accidentes de autobuses escolares provocaron a desolación social. As mortes repentinas e simultáneas de nenos e nenas causaban tristeza e dór xeneralizado. Pasou no accidente do río Órbigo e no da Rúa en Ourense. En 1969 un omnibus veuse implicado nun sinistro de tráfico en Maniños. Afortunadamente só se rexistraron 15 persoas feridas pero ningunha vítima mortal.

ESCOITA O PODCAST:

Manuel Varela lembra o accidente de tráfico de Maniños
http://173.255.131.18/audio/190922VARELA.mp3

Manolo Varela foi un dos feridos no accidente de Maniños

45 alumnos, 3 profesores e o condutor faleceron no accidente do autobús escolar do río Örbigo. Pertencian ao colexio Vista Alegre de Vigo. Aconteceu perto de Benavente en abril de 1979. Doce nenos morreron ao caer un autobús por un terraplen en Valdeorras, Ourense. Foi en abril de 1977. Eran do colexio da Rua. Tamén por aqueles anos un autobús que trasladaba a moitos nenos e nenos á escola tivo un accidente ao pe do campo da festa de Maniños en Fene. Afortunadamente neste caso non se rexistraron vítimas mortais. O accidente saldouse con 14 feridos. Sucedeu o día 13 de abril de 1969 ao chocar un omnibús contra unha árbore. O autobús viaxaba de Pontedeume a Perlío e a maioría dos ocupantes eran escolares. Un deles era Manolo Varela, hoxe concelleiro de Desenvolvemento Local de San Sadurniño. Recorda o acontecido en conversa con Susana Falcón.

Sociedade

Publica o teu comentario agora