ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Os acivros, especie protexida, medran en Marraxón. Veciños e veciñas, maiores e pequenos de Sillobre (Fene) achegáronse esta tarde a unha parcela de 1 ferrado situada entre Marraxón e A Curveira para plantar ali mais de 50 exemplares do Ilex aquifolium. Con sachos e paus de ferro, deixaron a súa pegada nunha parcela peada, na que os tractores teñen dificil acceso.
A acción forma parte do proxecto da Xunta de Montes Comunais de Marraxón en Sillobre (Fene A Coruña), ente propietario de 26 hectáreas de monte, unha zona de vistas espectaculares da ría de Ferrol. A Xunta pretende repoboar, coidar e poñer en valor a zona. A comezos deste mes de abril, 500 nenos e nenas dos colexios de Fene achegáronse á zona para participar tamén noutra plantación.