Os acordes da guitarra de Rubén Caneiro no Toxos e Froles

Os acordes da guitarra de Rubén Caneiro no Toxos e Froles

04 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un concerto de guitarra a cargo de Rubén Caneiro celébrase na Sé do Real Coro Toxos e Froles. A cita será este venres 7 de agosto ás oito e media da tarde

Música de Doménico Scarlatti, Fernando Sor, Francisco Tárregas, Heitor Villa-Lobos e Joaquín Rodrigo escoitaránse no Toxos da man da guitarra de Rubén Caneiro. Amais os asistentes poderán visitar unha mostra de obxectos antigos, vestiario, e fotografías dende os inicios de Toxos e Froles ata a actualidade. O horario de visita da mostra é de 11:30 da mañá a 1:30 do mediodía.

Cultura