ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Concellería de Cultura e Educación convoca, un ano máis, o Concurso de Arte Plástica enmarcado na Feira de Outono que se celebrará os días 7 e 8 de novembro. A Feira de Outono acolle, ademais da venda de produtos típicos da estación, numerosas actividades lúdicas para nenos e nenas. O certame está destinado aos alumnos
Ata o 6 de novembro os alumnos participantes poderán entregar os seus traballos que serán expostos durante a Feira do Outono na Praza de Abastos de Allariz. Tódolos participantes veranse recompensados cun diploma e os gañadores, que se darán a coñecer o 8 de novembro ás 13:00h, no Pavillón do Instituto, obterán un premio consistente nun lote de material didáctico.
Bases do concurso
O X Concurso de Arte Plástica, ao que poden presentarse todos os alumnos de educación infantil, primaria e secundaria, ben sexa de maneira individual ou en grupo, xirará en torno ó Outono podendo ser debuxo, pintura, collage, ou calquera outra modalidade plástica.
Cada neno/a ou grupo poderán presentar un máximo de dúas obras establecidas en tres categorías: Educación Infantil, Primaria e Secundaria e deberán ser presentadas en soporto ríxido ou encadernadas.
Co lema de “o importante é participar” todos os nenos e nenas recibirán un diploma e os traballos serán expostos durante a Feira de Outono no Salón da Praza de Abastos.
O xurado determinado pola Concellería de Cultura e Educación será o encargado de seleccionar as obras gañadoras, que obterán premio consistente nun lote de material didáctico.
A recollida das obras terá lugar na Casa da Cultura de Allariz, no Colexio Padre Feijoo e no instituto, sendo a data límite o 6 de novembro.
A obra irá identificada cun “lema” e acompañado dun sobre pechado onde consten os datos do/s autor/es.