Os amores de Virginia Woolf na Coruña

Os amores de Virginia Woolf na Coruña
21 de Xullo, 2022 - 08:17 h. | Publicada por Radio Fene

 A novela “El eco de tu voz” relata o amor apaixonado entre Fabiana Ponte e a escritora británica Virginia Woolf na Coruña de 1916. Emilia Pardo Bazán e Santiago Casares Quiroga aparecen tamén na trama da obra. O autor Juan Galán presentará a novela ás oito e media desta tarde no Círculo de Fene. Tamén intervirán no acto a actriz Helga Méndez e o director de Radio Fene Radiofusión Henrique Sanfiz.

ESCOITA O PODCAST:
Juan Galán en Radio Fene

Juan Galán exerceu case toda a súa carreira profesional na Escola Oficial de Idiomas de Ferrol, onde se xubilou en xaneiro de 2021 tras trinta anos de carreira docente. Traballou como profesor de inglés e historia en Zimbabwe, fundou e presidiu a ONG coruñesa Ecos do Sur, de cooperación ao desenvolvemento e axuda ao inmigrante. Licenciouse en Filoloxía inglesa na Universidade de Santiago en 1984. Na actualidade reside en Ares. Colabora coa memoria histórica democrática e iniciou a súa carreira literaria coa novela histórica Romanza de los naranjos en flor. 

Cultura

Publica o teu comentario agora