ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Mentres uns aturaron horas e horas de espera na porta do coso pontevedrés co obxecto de adquirir un pase para ver a faena de José Tomás nas Festas da Peregrina, outros aproveitaron para denunciar a tortura animal intrínseca ás touradas. A Plataforma Antitouradas da cidade do Lérez realizou unha performance perante a praza de touros local na que tomaron parte unha ducia de persoas que emporcallou con restos de vacún e sangue o lugar. Os manifestantes
A mobilización, realizada tras unha faixa co lema “Stop touradas”, serviu de anticipo á manifestación que a Plataforma Antitouradas convocou para o día 8 de agosto ás sete da tarde na Praza da Peregrina da cidade do Lérez, coincidindo coa primeira tarde das festas pontevedresas nas que haberá participación de toureiros.
Durante a súa protesta de onte, o colectivo ecoloxista quixo salientar a súa decepción coas políticas do BNG. A Plataforma denunciou a esta forza política á que acusou de “hipócrita” por asumir agora a causa antitaurina cando, durante o seu periodo no goberno autonómico, nada fixo por abolir as touradas. Tamén no eido político, os antitouradas relacionaron a lidia co fascismo –criticaron o alcume de “fiesta nacional”- e cun intento de “imposición españolista” sobre a cultura galega´.