Os anuncios de contactos e a publicidade encuberta das mafias da prostitución

Os anuncios de contactos e a publicidade encuberta das mafias da prostitución

01 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Anuncios de oferta sexual agochados nas bolsas de emprego dos xornais son un claro exemplo da necesidade da erradicación deste tipo de publicidade enganosa. O goberno de Zapatero iniciara o proceso para eliminar os anuncios de falsos contactos das seccións de relax dos xornais. A presidenta da Asociación Faraxa pola Abolición da Prostitución, Carmen Lago, denuncia “os grandes intereses económicos que xera este negocio”.

O número de espazos de contactos que aparecen na prensa incrementánse. Unha publicidade moitas das veces enganosa que pode levar a certos perigos. Encubren anuncios de prostitución e na maioría dos casos trata de persoas e proxenetismo. “A publicidade mesmo ven camuflada baixo supostas ofertas de emprego u de alugueres. Calquera moza pode pensar que aluga un piso e se atopa cunha habitación onde se ve obrigada a exercer a prostitución”, subliñou Lago. A meirande parte destes anuncios proceden das mafias e grupos de proxenetas que se apropian da páxina de contactos. Moitos medios non se responsabilizan das mensaxes lanzadas polos seus clientes. Pola súa banda, desde a asociación sinálase que os directores dos xornais están na obriga de constatar a información que divulgan. “Gañan grandes cantidades económicas grazas a estes reclamos polo que existe unha dobre moral neste aspecto”, esgrimiu a súa presidenta. 

Galicia é a comunidade con máis prostíbulos por metro cadrado e un lugar estratéxico para a entrada de trata de mulleres, sobre todo, polo norte de Portugal. Carmen Lago destaca a falta de profesionais tanto no eido das administración como de institucións. Para cubrir estas carencias, xurde no 2009, a Asociación Faraxa de Vigo, composta por un grupo interdisciplinar de técnicos, para dar cobertura asistencial a mulleres prostituidas. O seu ámbito de actuación comprende toda Galicia pero tamén zonas limítrofes como Asturias, León ou Zamora. A través do seu Centro de Día e unha unidade móbil ofrece información e asesoramento sociosanitario “in situ” para a prevención de infeccións de transmisión sexual e conductas sexuais de risco. Ademais, en coordenación coa rede de servizos sociais de atención primaria, procura a integración sociolaboral ofrecendo asesoramento xurídico, social, laboral e psicolóxico.   

Sociedade