Os Azeitonas chegan desde Porto ao Felipop de Limodre

Os Azeitonas chegan desde Porto ao Felipop de Limodre

18 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Queda máis dun mes pero a asociación Felicia vai cadrando o cartel deste festival independente de Limodre (Fene A Coruña) que terá os dias grandes o 7 e 8 de agosto. A banda portuguesa de Porto Os Azeitonas é unha das grandes revelacións do festival. Aló están arrasando e queren darse a coñecer na España.

Do Madrid dos 80 rescata o Felipop a Mamá un grupo que naquela década codeabasa con Los Secretos ou con Nacha Pop. Desfixéronse e refixéronse de novo. Subirán ao escenario de Limodre este verán. Hainos tamén de aquí. Sen ir máis lonxe, Roger de Flor abrirá o festival e, na sesión vermout do sabado 8 de agosto, escoitaremos a uns composteláns Los chavales. O cartel do Felipop completo inclue propostas musicais como:

Xoves 6:

Bang 74 de Ferrol.

 

Venres 7:

Roger de Flor de Limodre.

Os Azeitonas de Porto.

Mamá de Madrid.

Miss Black Emotion de Castellón.

 

Sábado 8:

Los Chavales de Santiago de Compostela.

The Puzzles de Santander.

Zodiacs de Getxo.

J.Teixi Band de Madrid.

Doctor Explosión de Gijón.(que hai xa un anos actuara na discoteca Halley de Fene).

 

Antes de que na pista de Limodre empece a soar a música, para o parque da Hortiña, están preparando unha serie de espectáculos que se desenvolverán os dias anteriores ao propio festival, con proxeccion de peliculas, o Mago Teto, contos con Cándido Pazó ou malabaristas.

Sociedade