Os batallóns preparados para o combate nos Montes de Brión

Os batallóns preparados para o combate nos Montes de Brión

17 de Agosto, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Club Montaña Ferrol organiza para esta semana a XX Marcha polos Montes de Brión. Este domingo 23 de agosto partirán os sendeiristas ás dez e media dende o Porto de Ferrol.

A Marcha polos montes de Brión conmemora a batalla protagonizada neste lugar no ano 1800. Os ferroláns rexeitaron o 25 e o 26 de agosto a invasión das tropas británicas que desembarcaron na praia de Doniños.  No transcurso da batalla os veciños e veciñas de Brión respaldaron aos soldados do destacamento ferrolán.

A marcha deste domingo arrancará do peirao ferrolán en lancha ata San Felipe. Dende alí iráse a pé por San Cristobo, Confurco e Liñares. Ademais da recreación da batalla ao remate celebrarase unha festa para todos os participantes e asistentes.

Sociedade