Os bateis volven a Cesantes

Os bateis volven a Cesantes

13 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Este fin de semana celébrase a XIII Bandeira de Bateis do Concello de Redondela. Unha competición que este ano organiza o Círculo Cultural Deportivo de Cesantes, coa colaboración do Concello de Redondela, e no que participarán todos os clubes de remo do Sur da Provincia de Pontevedra. Doce en total serán os clubes que competirán este sábado, día 14, na Enseada de San Simón, entre as categorías infantil, cadete, xuvenil e s&ea

Unha proba que dará comezo ás 16.00 horas do sábado no Peirao de Cesantes e no que competirán os club de remo do Círculo Cultural Deportivo de Cesantes, Chapela, Náutico de Vigo, Robaleira de A Guarda, Coruxo, Meira, Tiran, Bueu, Vila de Cangas, Amegrove, Mecos e Vilaxoán.

 

Silva descúlpase polo altercado da III Bandeira de Chapela

 

O Presidente do Centro Cultural Deportivo de Cesantes, Juan Silva, aproveitaba a presentación desta XIII Bandeira de Redondela para pedir desculpas polo actuación do ex adestrador do clube de remo Cesantes, José Luís González, durante a III Bandeira de bateis celebrada o pasado 28 de febreiro en Chapela. O ex-adestrador dos remeiros de Cesantes abordaba unha das embarcacións do xurado logo de que eliminaran da competición a unha das súas embarcacións. Nada máis coñecer os o acontecido a directiva do clube decidía destituílo e substituílo polo segundo adestrador. Silva asegura que arestora os remeiros de Cesantes xa están traballando a pleno rendemento e espera que sen non é este o clube gañador da XIII Bandeira de Redondela o sexa o clube de Chapela e a victoria quede nun equipo local

 


Deportes