Os bebés da contaminación

Os bebés da contaminación
13 de Abril, 2021 - 11:28 h. | Publicada por Radio Fene

Falamos hoxe con Margarita Rodríguez sobre a investigación que relaciona contaminación do aire coa saúde dos bebés que van nacer.

ESCOITA O PODCAST:

A contaminación ten consecuencias nos bebés. A exposición das mulleres embarazadas a ambientes contaminantes repercute na vida dos que van nacer. A talla e peso inferiores, sumados a problemas respiratorios son os efectos máis comúns que se teñen contrastado. Hoxe Margarita Rodríguez, de 4ECO Narón fálanos dos estudos médicos que se levan a cabo en cidades como Barcelona, pioneira neste tipo de investigación que consiste en relacionar a calidade do aire coas novas vidas. “Hai un proxecto que leva máis de 20 anos en marcha con voluntariado” explica Rodríguez, que cifra nunhas 1.700 nais e nenos.

As embarazadas portan unhas mochilas que miden a calidade do aire, tanto na rúa como no domicilio. No ano 2000 incorporouse Granada e no 2002 varias cidades españolas máis. Por Europa adiante, como en Finlandia, xa levan uns pasos adiantados nestas investigación. Amais dos problemas físicos, maiormente respiratorios, estanse barallando outras consecuencias que terían que ver co desenvolvemento mental e que viría demostrar que canta máis exposición á contaminación, máis problemas poden aparecer nos ámbitos da memoria, déficit de atención ou problemas de psicomotricidade. “Os datos son preocupantes” afirma Margarita Rodríguez.

Sociedade

Publica o teu comentario agora