ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
9052 millóns de euros foron os cartos inxectados polo estado ás caixas de aforro galegas antes de venderlla ao banqueiro venezolano Juan Carlos Escotet, quen a reconvertiu en Abanca. Só se recuperaron 1.000 millóns de euros do rescate. Antes, fusionaranse Caixa Galicia e Caixa Nova, nunha operación impulsada por Alberto Núñez Feijóo e pola Xunta de Galicia. Foi o 14 de setembro do 2011. Trece anos despois daquel fiasco, Galicia non ten banca con fins sociais. As entidades aumentan beneficios pero o servizo empeora notablemente, con menos persoal, menos servizos e máis caros.
O BBVA pulverizou o seu récord anual de beneficios en 2023: gañou 8019 millóns, un 26% máis que no ano anterior. O Santander gañou 11.076 millóns e Caixabank 4.816 millóns. As alzas dos tipos de interese e o aumento das comisións netas explican eses resultados. O groso dos beneficios logrouse no estranxeiro. Os seis grandes bancos que cotizan en Bolsa gañaron en España 11.700 millóns no pasado exercicio. Desde 2007 destruíron 115.000 empregos e pecharon 27.850 puntos de atención ao cliente.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora