Os bombeiros rescatan a un traballador ferido no centro de Fene

Os bombeiros rescatan a un traballador ferido no centro de Fene

02 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A vítima caeu ao fondo dos terreos excavados para os alicerces da obra, dificultando o acceso dos servizos sanitarios. Unha vez recuperado, inmobilizáronselle as pernas en foi trasladado de Urxencia ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol para ser tratado de fortes magoaduras nas costas. Polo de agora descoñécese o alcance das posibles lesións, se ben un compañeiro do accidentado refería que non debía de ser grave e que o ferido simplemente resultou “moi mazado”.

Sociedade