ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presenta mañá xoves na Fundación Torrente Ballester un libro sobre a evolución urbana da cidade entre 1778 e 1950. A publicación é obra do arquitecto e profesor compostelán Pablo Costa.
O Consorcio de Santiago e Teófilo Edicións acaban de publicar "La ciudad heredada. Evolución urbana y cambios morfológicos, Santiago de Compostela 1778-1950" do arquitecto e profesor compostelán Pablo Costa Buján. Mañá xoves, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, Martiño Noriega, presentará a publicación na sede compostelá da Fundación Torrente Ballester (Rúa do Villar, 7), ás 20:00 horas. A publicación recolle ao longo de 380 páxinas a evolución urbana de Compostela durante preto de dous séculos, nun intervalo de tempo do que apenas existían estudos contrastados, segundo asegura o propio autor.