ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Cando algo non vai ben na nosa vida é importante facer un alto e pensar como van as cousas e que marxe de manobra pode haber para cambialas. “Como fan as empresas co balance do ano”, sinala a traballadora social Paula Paz.
Pararse a analizar é o primeiro. “Ás veces tiramos para diante, acumulando malestar ata que poden acabar diagnosticándonos unha depresión”. Ter claro cal é a marxe de manobra axudaranos a tomar decisións sobre os cambios que é posible facer. “Sempre temos unha pequena marxe, que nos axude a respirar, pero non sempre se poden facer grandes cambios”. “Cambiar é xenial se hai marxe da manobra, pero non sempre é posible, neses casos, é importante facer un proceso de aceptación da situación” que nos permita afrontala con menos sufrimento, aconsella Paula.
Publica o teu comentario agora