Os cancros de mama e colon aumentan pero tamén melloran os índices de mortalidade, segundo Francisco Vizoso

Os cancros de mama e colon aumentan pero tamén melloran os índices de mortalidade, segundo Francisco Vizoso

14 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Tanto os casos do cancro de mama como o de colon aumentan día a día pero tamén é verdade que os índices de mortalidade a causa destas doenzas, melloran. Son as principais conclusións ás que chega o médico e investigador  Francisco Vizoso. O doutor dirixe varios proxectos de investigación no hospital de Jove en Asturias onde traballa.

Francisco Vizoso é membro da Real Academia de Medicina do Principado de Asturias. O médico anunciou en Radiofusión que están en marcha ata cinco proxectos de investigación subvencionados polo Ministerio de Sanidade e o Principado; entre eles os relacionados co cancro de mama e colo-rectal así como en medicina rexenerativa.

 

Segundo o investigador, neste momento hai moitos avances na diagnose e tratamento tanto no cancro de mama como colo-rectal. No 2008 detectátonse en España 16.000 casos de mama. Unha liña ascendente que tamén sigue o de colon, no que 1 de cada 20 individuos desenvolverán ese tumor. Para o doutor Vizoso a explicación está na maior esperanza de vida da poboación.

 

Contra estes datos, o índice de mortalidade mellorou moito nos ultimos anos. A detección precoz e os avances técnicos e do tratamento (como a radio-terapia) e novas alternativas terapéuticas, axudan a mellorar os resultados. A investigación nos ultimos 20 anos foi fundamental, segundo o médico de Maniños. Francisco Vizoso pronunciará unha charla sobre o tema mañá venres ás nove da noite na asociación O Pote de Maniños (Fene A Coruña).

Sociedade