Os Caneiros non queren ser un macrobotellón

Os Caneiros non queren ser un macrobotellón

18 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O Concello de Betanzos, en colaboración co Banco Etcheverría, puxo en marcha este ano a campaña “Conserva a tradición”, coa que pretende lembrar que a romería non consiste en botarse viño, como ocorríu nos últimos anos. Repartironse máis dun milleiro de camisetas entre os vecinos nas que pode lerse ese lema. A intención municipal é que a xente leve as camisetas postas nas duas xiras, a de hoxe e a do dia 25

Na xira dos Caneiros os participantes xantan nas embarcacións ou no campo. Nos últimos anos centos de xóvenes fixéronse co lugar da romería e aquilo semella un macrobotellón, segundo os máis críticos coa evolución que foi tomando a romería. O Concello de Betanzos informou que este ano haberá unha maior presencia de efectivos da Garda Civil para controlar a venda de bebidas alcólicas a menores, así como os accesos ao campo da festa a ás embarcacións.

As charangas NBA y D-Noche amenizarán a romería e, dende as nove da noite, a orquestra Cibeles amenizará a chegada dos romeiros na Praza de Enrique IV, mentras que a orquestra Versalles fará o propio na verbena en O Campo. Ás 11 da noite lanzaránse os fogos astificiais na A Ponte Vella.

Sociedade