Os centros educativos e o Fogar do Maior de Allariz protagonizan a Festa dos Maios

Os centros educativos e o Fogar do Maior de Allariz protagonizan a Festa dos Maios

23 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Os nenos do Colexio Padre Feijóo e os mozos do IES de Allariz; así como os usuarios do Fogar do Maior celebrarán o vindeiro mércores, 29 de abril, a tradicional Festa dos Maios, no Campo da barreira a partir das once e media da mañá. Os maios presentados polo alumnado do Colexio Padre Feijóo e o instituto de Allariz percorrerán a rúa do Portelo ata a Pr

Este ano, como novidade, un grupo de maiores, usuarios do Fogar do Maior, decidíronse a participar nesta festa na que presentarán un maio, actividade proposta por Sonia Paz, técnica de Servizos Sociais de Allariz. Ás 12.00h, na Praza Maior, terá lugar o Canto de Coplas, dándose a coñecer posteriormente o veredicto do xurado. As subvencións e premios aos Maios e Coplas pódense recoller na Casa do Concello unha vez coñecido o veredicto do xurado.

Sociedade