Os chaleques salvavidas e o naufraxio do Serpent

Os chaleques salvavidas e o naufraxio do Serpent

22 de Outubro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Un temporal moi forte de Suroeste, con ventos de noventa quilómetros por hora e ondas de nove metros, crearon dificiles condicións de navegabilidade na zona do cabo Vilán en Camariñas. O Serpent, buque da Armada británica, embarranca na punta do Boi na noite do 10 de novembro de 1890. Somentes tres persoas sobreviven dunha tripulación formada por cento setenta e seis mariñeiros. Dous deles facían a garda en cuberta. Outro estaba no catre pero ao

Un roteiro da asociación Naufraxios Galegos honrará ás vítimas da traxedia e sairá ás once da mañá do sábado catorce de novembro do porto de Camariñas. Visitaráse unha casa que conta na súa fachada co barómetro do Serpent. Logo acudirán ás ruinas do castelo do soberano, á sala dos naufraxios do faro Vilán. Cristina Fernández, a fareira contará como eran as circunstancias da zona na época da traxedia do Serpent. Tamén se achegarán os participantes no roteiro ao cemiterio dos ingleses, onde se sepultaron boa parte das 172 vítimas do barco da Royal Navy, afundido na punta do Boi. Alí naufragaron oito barcos que son testemuña da perigosidade da zona. Despois do sinistro deste buque, a Mariña británica ordena a todos os seus barcos, dispoñer de un chaleque salvavidas para cada un dos tripulantes.

Sociedade