Os chocos de Aetna

Hoxe ás 18 horas arrinca a camiñata de Aetna desde o seu local en Maniños.
03 de Xullo, 2019 - 11:19 h. | Publicada por Radio Fene

Os chocos con arroz que sigue preparando a que fora presidenta de Aetna, Mariela Aguilar, tiveron tal éxito que se consolidaron como o peche da Semana Cultural da entidade de Maniños (Fene).

ESCOITA O PODCAST:

Esta tarde arranca a Semana Cultural de AETNA que mantén o mesmo esquema: camiñata, conferencia de carácter cultural e a degustación gastronómica. María Xosé García Ponte, directiva e tesoureira da Asociación etnográfica e da natureza contounos que as actividades arrincan esta tarde en Maniños ás seis, coa saída da camiñata ata o Castro de San Xoan de Piñeiro, unha andaina doada de duas horas de duración entre ida e volta. 

Mañá ás 20,30h presentase no local de AETNA o libro " Rosalía de Festa" de Anxos García Fonte e Carlos Sardiña. Remata a semana o venres coa degustación dos chocos con arroz no muíño do Pombal a última hora da tarde. Se chovera, trasladaríase a degustación para o local de Aetna. Os prezos son populares.

Cultura

Publica o teu comentario agora