Os clásicos de Verdi en Ferrol

Os clásicos de Verdi en Ferrol

14 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As óperas máis populares do compositor italiano Giuseppe Verdi soarán no Teatro Jofre mañán domingo. A Orquestra Sinfónica de Melide chega á cidade para actuar no Teatro Jofre no marco da xira Grandes Coros de Ópera que patrocina a Deputación da Coruña. Será a partir das sete do serán.

A Sinfónica de Melide aterriza en Ferrol cun repertorio de peso para os amantes da música clásica. Conducida polo seu director, Fernando Vázquez Arias,  interpretará algúns dos coros máis populares do músico italiano como Nabucco, Aída, Il Trovatore, a Traviata ou Macbeth, entre outros.  Para elo, faráse acompañar no escenario de dúas corais polifónicas de contrastada experiencia na Comunidade galega. Respeto da Orquestra Sinfónica de Melide, nace a finais de 1993 no seo do Conservatorio de Música desta localidade lucense. Integrada primeiro por alumnos do propio conservatorio, nos últimos tempos evolucionou cara a un maior profesionalismo e madurez, o que lle permite afrontar proxectos artísticos e musicais cada vez máis complexos. Falamos dunha  das formacións musicais máis consolidadas do panorama musical galego, que a crítica sitúa como a terceira gran orquestra galega. Destaca a intensa actividade da Sinfónica de Melide nos últimos anos. Así, en 1997 participou nos concertos programados no marco de Galicia Terra Única. Un ano máis tarde, realizaba unha xira en colaboración coa Universidade da Coruña e os conservatorios de A Coruña, Lugo e Pontevedra acompañando a solistas destacados da comunidade e a mestres destes centros. Asemade, estrea tamén o seu espectáculo Antoloxía da Zarzuela. Seus son tamén a peza “Cantata Melidá”, á que o programa de RNE Clásicos Populares lle adica un monográfico, ou A Música do Cine, entre outros.
A musica máis popular de Verdi soará, pois, mañán no Jofre, dende as 7 da atrde.

Cultura