Os coches son ordenadores con rodas

Os coches son ordenadores con rodas
09 de Xuño, 2022 - 12:08 h. | Publicada por Radio Fene

“Os coches son na actualidade ordenadores con rodas” indica o profesor do Instituto de Fene Fernando Fresnillo. O Instituto “O Pazo” presenta unha interesante oferta formativa arredor do mundo do automóbil. Aprender para gañar a través da creación de canteira. Esperase que a finais deste mes de xuño se abra o prazo de inscrición nos ciclos formativos. 

ESCOITA O PODCAST:
Profesores do IES de Fene

O Instituto de Fene ofrece ciclos medios de FP Dual, de Electromecánica de automóbil e de instalacións de produción de calor. Inclúen formacións remuneradas en distintas empresas da comarca. A saída profesional é grande xa que hai moita demanda de profesionais formados. O nivel de colocación está entre o 80 e o 95%, segundo o profesor Juan José Seijo. O centro ven de habilitar vestiarios para rapazas que queiran cursar calquera das especialidades. “Cada ano melloramos en obradoiros, maquinaria e ferramenta” indica Fernando Fresnillo. Hai dous ciclos novos de FP Dual completa, de electromecánica de vehículos e instalación de produción de calor. Tamén existe a FP Dual ordinaria ou de “segundo ano” cos ciclos que xa se impartían no centro educativo. Consiste nunha ampliación das prácticas que se amplían de xaneiro a xuño e se converten nunha aprendizaxe remunerada cuns 500 euros mensuais.  
 

Sociedade

Publica o teu comentario agora