Os colectivos en defensa da lingua animan a “camiñar xuntos” pola Vía da Prata

Os colectivos en defensa da lingua animan a “camiñar xuntos” pola Vía da Prata

12 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O pasado domingo púxose en marcha a segunda etapa de O Camiño pola Lingua, unha iniciativa lúdica e reivindicativa en defensa do idioma do país. Trátase, segundo explican os seus organizadores, dunha “andarela simbólica para levar o galego á ruta xacobea”. Está posta en marcha pola Plataforma Queremos Galego, a Asociación Xuvenil Amencer de Ourense, o Servizo de Normalización Lingüística m

O Camiño pola Lingua divídese en catro etapas diferentes ao longo do tramo galego da Vía da Prata, a ruta do Camiño que decorre entre Ourense e Santiago de Compostela. Cada unha destas tiradas farase na mañá dun domingo, sendo a primeira, entre Cea e Lalín. A iniciativa está pensada para público de todas as idades, polo que cada treito comprenderá unha distancia non superior aos trinta quilómetros ao longo de toda unha mañá.

Ao remate de cada xornada de camiño haberá un acto simbólico, na que un “padriño” ou “madriña” lerá un anaco dun manifesto en defensa da nosa lingua que se completará o 31 de outubro, data prevista para a chegada a Compostela. Ademais, plantarase unha árbore autóctona (un carballo, un teixo e un acivro) en cada punto de chegada cunha mensaxe a prol do galego para futuras e futuros camiñantes. Antes de volver de novo para Ourense, as e os “peregrinos” compartirán un xantar colectivo. Segundo indicaron desde as entidades promotoras do proxecto, está previsto que nas diferentes etapas se vaian sumando persoas e mesmo apoios colectivos procedentes das comarcas que atravesa a Vía da Prata.

As persoas interesadas deberán inscribirse previamente, ben para as tres etapas que restan, ben para calquera delas, a través do enderezo electrónico amencer@amencer.org ou dos teléfonos 988 218 123/ 639 519 242.

Sociedade