Os Colludos e os Skratchados, revelacións do antroido

Os Colludos e os Skratchados, revelacións do antroido

11 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Antroido chega esta nao á Comarca de Ferrol cun aumento do numero de comparsas. Todolos concellos coinciden en que se produce neste 2010 un repunte na participación das agrupacións carnavaleiras. Entre as novidades destacan duas: Os Colludos e Os Skratchados, nacidas no seu da Asociación Cultural de Minusválidos de Ferrole na Escudería Skratch Fene, respectivamente.

Falamos de duas comparsas, novas e curiosas, que veremos no antroido 2010 na comarca. “Os colludos" comparsa formada no seo da Asociación Cultural de Minusválidos de Ferrol, cuxos compoñentes son persoas con discapacidades físicas que, adiantan,  se vestirán de fichas de dominó. Evidentemente levarán a sua problemática ás ruas, segundo Paula Gárate.

A outra comparsa que desfilará polos antroidos da comarca, son “Os Scrachados” , nacida no seo da Escudería Skratch Fene. Estes van de astronautas e levan nas letras o seu deporte automovilístico e tamén o sector naval, segundo Fatima Ameneiro.

As duas , Colludos e Skratchados, estarán presentes e actuarán nos antroidos de Fene, Narón e Ferrol.

Sociedade