Os comuneiros manifestaranse contra a nova Lei de Montes

Os comuneiros manifestaranse contra a nova Lei de Montes

03 de Xuño, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común convocou a comuneiros de toda Galicia a manifestarse o próximo 9 de xuño en Santiago en contra da nova Lei de Montes. Contan co apoio de Amigos da Terra, a CIG, a Federación Rural Galega ou Adega, entre outros. Os obxectivos da mobilización son lograr o recoñecemento dos montes veciñais como titularidade comunitaria, qu

O portavoz da Organización Galega de Comunidades de Montes, Claudio Quintillán, cualificou de golpe moi duro a rebaixa das franxas de seguridade en materia de prevención contra incendios forestais. Tamén criticou que a Xunta deixará de actuar como árbitro en materia de deslindes entre comunidades de montes, que se verán obrigadas a recorrer á vía civil para dirimir as súas diferenzas en materia de territorialidade.

Desde a Organización Galega de Comunidades de Montes en Man Común tamén advirten que bastantes comunidades serán susceptibles de quedar en mans de empresas deas xestión privada se previamente non saldan as súas débedas coa Administración autonómica, ao rescindirse os convenios que permitían a realización de traballos como repoboacións, mellora de pistas e accesos ou podas silvícolas.

Claudio Quintillán considera que se trata dunha restrición gravísima, polo que a Organización reclamará a condonación de todas as débedas. As comunidades de montes tampouco están de acordo coas medidas que, segundo denuncian, potenciarían en desenvolvemento de cultivos enerxéticos, e que poderían afectar a zonas que a Xunta considere que están en estado de abandono, tendo en conta que os criterios para esa clasificación son moi ambiguos.

Sociedade