Os comunistas, de festa en Vigo

Os comunistas, de festa en Vigo

18 de Xuño, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Alberto Garzón acudirá á Festa do Partido Comunista o sabado en Vigo. Ven de presentarse a Festa do Partido Comunista de Galicia que terá lugar en Vigo este sábado 20 de xuño, nas dependencias da AAVV Val do Fragoso, fronte ao estadio de Balaídos. O evento, que comezará ás 11 da mañá, contará con catro mesas de debate e diversas actuacións musicais, entre as que destaca a actuación do grupo galego Ataque Es

Na presentación da Festa do PC estiveron presentes Jacinto Mosquera, responsable da comisión de organización da Festa; Yolanda Carballido, en representación da Xuventude Comunista e Eva Solla, Secretaria Xeral do Partido Comunista de Galicia. A festa desenrolarase nunha cidade que, en palabras de Solla, “Sufre xunto con Ferrol as peores consecuencias da crise, con elevadas taxas de paro e precariedade laboral, con ampla destrución do emprego industrial en toda a comarca.”

Programa:

A primeira das mesas, titulada “Memoria Histórica. Homenaxe a Perfecto de Dios” fará referencia ao guerrilleiro Perfecto de Dios, cuxos restos foron recentemente entregados á súa familia tras 67 anos de búsqueda. Nela intervirán Xesús Alonso Montero, Manuel Peña Rey e Carlos Núñez.

En segundo lugar será a quenda da mocidade, coa mesa “A xuventude á conquista do Poder Popular” na que intervirán os integrantes da Xuventude Comunista, Jorge Crego, Verónica Núñez e Alberto López.

Xa pola tarde, a solidariedade entre a clase traballadora darase cita na mesa “A RSP, unha rede para organizar a solidariedade”, na que se dará a coñecer o traballo de esta rede presente en Vigo e noutros puntos do Estado e se presentará un documental sobre a mesma. Intervirán: Elisa Pérez, Ismael González e o director da cinta, Alfredo Almendro.

En torno ás 18:00 iniciarase o debate titulado “O noso poder popular ao servizo da clase obreira” no que intervirán Rubén Pérez, concelleiro da Marea de Vigo; Yolanda Díaz, deputada de AGE e Coordinadora de Esquerda Unida e Alberto Garzón, deputado da Izquierda Plural e candidato de Izquierda Unida nos procesos de confluencia para as vindeiras Eleccións Xerais.

Finalmente, o mitin central iniciarase en torno ás 20:00, coa participación da Secretaria da Xuventude Comunista, Begoña Rodríguez; a Secretaria Xeral do Partido Comunista de Galicia, Eva Solla e Jose Luís Centella, Secretario Xeral do Partido Comunista de España. Contarase tamén co saúdo de representantes do Partido Comunista Portugués, Partido da Esquerda Europea, Consulado de Venezuela e outras representacións de organizacións e colectivos.

A intención, segundo Eva Solla é “ofrecer un espazo de encontro, debate e festa, non só á militancia comunista, se non ao resto de persoas que queiran achegarse.

Sociedade