Os concesionarios demandan tamén axudas ao financiamento para revitalizar a venda de coches

Os concesionarios demandan tamén axudas ao financiamento para revitalizar a venda de coches

20 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

“Cómpre resolver o segundo problema no sector do automóbil: o do financiamento, porque o 82% dos turismos que se venden en España o precisan”. O presidente de Ganvam, a Asociación Nacional de Vendedores de Vehículos a Motor, Juan Antonio Sánchez Torres, celebrou en Radiofusiòn o plan de axudas directas á compra directa de vehículos Re-móvete, presentado pola Xunta de Galicia, pero reclamou máis medidas para soster un me

O plan da Xunta apoia a compra de dous tipos de vehículos, comerciais e turismos, sempre que se entregue outro con máis de 10 anos de antigüidade ou 250.000 quilómetros de rodaxe. No caso dos turismos, o importe da axuda será de 500 euros para un vehículo dun prezo de ata 10.000 euros, e de 700 para coches dun custo superior aos 10.000 e cun tope de 30.000 euros. Así, a axuda máxima pode alcanzar os 2.200 euros se se suma ás do Goberno central. En canto ás axudas directas á compra de vehículos comerciais, poderán acollerse a este plan todos os que queiran adquirir furgonetas de ata 30.000 euros, que non superen a masa máxima de 3,5 toneladas. 

O representante estatal do sector dos concesionarios, Juan Antonio Sánchez Torres, lembrou que manter con boa saúde o mercado do automóbil é importante para a macroeconomía: “Só o sector da distribución, da venda e post-venda, da emprego directo a 278.000 persoas en España”. O presidente de Ganvam apuntou que dende mediados de 2008 destruíronse 16.000 postos de traballo no mundo da automoción e que as previsións apuntan a unha diminución na adquisición de vehículos dun 25% respecto ao ano anterior. En Galicia, o stock actual de vehículos novos supera os 20.000. A Xunta agarda que o plan Re-móvete axude a despachar uns 7.000 nos vindeiros meses.

Sociedade