Os constructores de barcos de Foz

Os constructores de barcos de Foz

19 de Maio, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

O porto de Foz ou do Masma era no século XII un dos únicos portos da cornisa cantábrica con tráfico internacional, integrado nas rutas entre Inglaterra, Flandes e Portugal. No século XV xa se testemuña a existencia na vila dun dos estaleiros máis importantes e activos de Galicia. A pesca da balea era a actividade principal dos habitantes da zona, segundo a historiadora Elisa Ferreira.

A pesca das baleas entra en declive dende 1713, xa que nesa data o Tratado de Utrech representa a perda de parte das prerrogativas españolas nese negocio. Pero a actividade de construcción de barcos continuará en Foz, suxeita aos ciclos económicos que imperan nese labor. A mediados do século XX, son 5 os estaleiros de ribeira que funcionan en Foz. Os máis lonxevos serán os estaleiros Nécega, en activo ata os anos 90 e ligados a unha saga familiar.

Sociedade