Os contos de Marisa Irimia na biblioteca municipal

Os contos de Marisa Irimia na biblioteca municipal

10 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A concelleira de Cultura e Educación, Mercedes Carbajales, anunciou esta mañá a posta en marcha dunha nova actividade dentro da programación da Biblioteca Municipal para este ano 2009. E, nesta ocasión, destinada a un público moi especial: os máis pequenos da casa. Así, a responsable das políticas culturais da Administración local avanzou que a partir de mañá mércores e ata o vindeiro mes de xuño cada m

Neste contexto, a edil explicaba que a actividade, de carácter gratuíto, está destinada a nenos e nenas con idades comprendidas entre os catro e os dez anos. Ata un máximo de 25 pequenos poderán asistir a estes talleres nos que a narradora Marisa Irimia introducirá aos máis novos no apaixoante mundo da literatura infantil. Nesta liña, Mercedes Carbajales avanzou o calendario previsto no que haberá sesión de contacontos na Biblioteca Municipal: 11 e 25 de febreiro; 11 e 25 de marzo; 8 e 22 de abril; 6 e 20 de maio e, finalmente, o 3 e 17 de xuño.

Nestas datas, continuou a edil de Cultura, a Sala Infantil albergará estes talleres de 45 minutos de duración cos que se trata de inculcar o amor polos libros dende a máis tenra infancia. Esto é, fomentar o hábito da lectura a idades temperás. Tamén a creatividade e imaxinación. Para isto, as sesións comezarán ás 17.30 e rematarán contra das 18.15 horas.

Nesta liña e por mor do aforo limitado da sala onde van ter lugar as sesións de contacontos, Mercedes Carbajales recomendou a aqueles pais e nais interesadas en levar aos seus fillos a esta actividade, que recollan previamente a invitación no mostrador da planta baixa da propia biblioteca.

Finalmente, Mercedes Carbajales destacou a aposta do Concello de Ferrol por ofrecer ás familias ferrolás unha alternativa cultural cunha compoñente educativa e tamén de entretemento.

Cultura