ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A tempada turística e as substitucións estivais permitiron no mes de xullo que o número de desempregados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego se reducise en 29.841 persoas en comparación con xuño. En Galicia o paro baixou nese período en 12.000 homes e mulleres. En total, 4,41 millóns de persoas están apuntadas nas oficinas de emprego.
Segundo datos publicados hoxe polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, o paro reduciuse en 278.954 persoas respecto de xullo do 2013, o que reflicte unha caída do 5,94%. Con todo, en termos desestacionalizados, é dicir, restando o efecto do emprego de verán, o paro rexistrado sobe en 32.357 persoas, o que rompe unha traxectoria de once meses de descensos.
En canto á afiliación á Seguridade Social, se se compara xullo deste ano co mesmo mes o ano pasado, aumentou en 320.347 traballadores (o 1,95%). Trátase da maior subida rexistrada un mes de xullo desde o ano 2007, e supón situar o número total de ocupados en 16,74 millóns de persoas, segundo datos do Ministerio de Emprego. Trátase da primeira mellora do emprego en termos interanuais desde hai sete anos. A afiliación media á Seguridade Social subiu con respecto a xuño en 62.108 persoas (0,37%).