ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Da euforia á sospeita en poucas horas. A ledicia inicial dos colectivos que se opoñen á explotación dunha mina de ouro na parroquia de Corcoesto, no municipio de Cabana de Bergantiños, ao coñeceren que a Xunta non avalaba os plans da empresa canadense Edgewater, virou en reparos tras analizar o contido das obxeccións. Como xa celebrou a propia compañía, o Goberno galego mantén o seu convencemento de que a explotación mineira &eacut
Dende Anova-Irmandade Nacionalista, que fai parte de Alternativa Galega de Esquerda, cualifícase a suposta suspensión do proxecto como “unha pantomima fraudulenta” que ten por propósito real “lexitimar posteriormente unha autorización xa decidida”.
Máis optimista amosouse o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, cualificando este “freo” á mina como “un claro trunfo das mobilizacións populares na rúa”. Asemade pediu que a Xunta “abandone o seu entreguismo de colonizado noutros proxectos igualmente agresivos e sin interese económico para o país como o de Castrelo, A Limia ou o Galiñeiro”.
A Rede ContraMINAcción, que abeira a unha manchea de colectivos contra as explotacións mineiras contaminantes e a ceo aberto, fai caso omiso das novas esixencias para o proxecto e pide exclusivamente “a retirada do proxecto mineiro de Corcoesto, así como a nulidade da declaración de impacto ambiental (DIA) ditada no seu día pola Xunta”. As plataformas sinalan a contradición de que a Administración esixa “novos informes” logo de conceder unha DIA favorable. Establecen que “a consecuencia directa desa evidente falta de rigor, debería ser unha publicación no DOG que recolla a negativa da Administración a aprobar o proxecto”. Iso, engaden, “sería máis serio que sacar unha nota de prensa, que non deixa de ser publicidade institucional”.
Comenencias
De todas estas críticas tírase, segundo os contrarios á mina, que existe unha comenencia de intereses entre a Xunta e Edgwater para buscar ouro en Corcoesto, xa sexa en forma de pébedas, xa sexa en forma de postos de traballo para a comarca. Sostén a empresa que haberá centos de novos empregos na comarca resultantes da mina. Porén, non serán tantos e destinaranse a traballadores cualificados foráneos, agoiran as plataformas que se opoñen.
Os novos requisitos non son un “stop” á mina. Como moito un “ceda o paso” no que Edgewater, que vén de ver baixar os seus títulos esta semana un 16% na Bolsa de Toronto, mantén o pé disposto no acelerador. Revelouno cando nun comunicado manifestou a súa “satisfacción” polo encontro mantido coa Consellería de Economía e Industria. E ninguén sairía satisfeito se de verdade lle estragasen un proxecto.