ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Narón 1 – 0 Maniños. “Un partido equilibrado entre dous equipos da Primeira Galicia de fútbol, que nos coñecíamos bastante ben, eles son xustos vencedores porque souberon ler o encontro mellor que nós” afirma o adestrador do Maniños Pablo Mesa. “Tentamos ter máis o balón pero eles chegan coa ocasión máis clara, e nós non reaccionamos adecuadamente cando eles se quedan con dez xogadores” apunta o técnico.
O gol chegou no minuto 77, cando o Narón contaba cun xogador menos por doble cartón amarelo. Pero o Narón executou cambios decisivos, para Mesa. O mister queixase do labor arbitral e da ausencia de criterios homoxéneos para sacar cartóns: “Xa van varias semanas nas que non se utiliza o mesmo criterio para os diferentes equipos, a mín gústanme os arbitraxes que deixan xogar e permiten o contacto, pero necesitamos un nivel igual para todos os equipos” conclue o adestrador.
Publica o teu comentario agora