Os cruceiros de Muras abren o programa do IESCHA para o 2010

Os cruceiros de Muras abren o programa do IESCHA para o 2010

13 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

A arquitectura popular de Muras protagonizará a apertura do programa de actividades para o 2010 do Instituto de Estudios Chairegos de Vilalba (IESCHA). Este venres, contra as 20.30 horas, a Casa da Cultura da capital da chaira  acollerá a presentación do libro “Cruceiros, cristos e cruces de Muras”, realizado por Fernando Arribas Arias, Xosé Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez, e editado polo propio IESCHA, co patrocinio da S.A

Este libro, prologado polo escritor de Cospito Darío Xohán Cabana, amosa, nas súas mais de trescentas cincuenta páxinas, un estudo sobre esta forma de representación icónica relixiosa de Muras e está dividido en varios apartados.

 

 

O primeiro recolle as imaxes de todos os cruceiros, cruces e cristos do concello chairego. Cada imaxe vai acompañada dunha ficha recollendo todas as características de forma detallada. Nun segundo apartado insírese un completo resumo de todos os cruceiros, cristos e cruces anteriores. Nun terceiro capítulo relaciónanse os cruceiros desaparecidos. Por último, no cuarto capítulo publícase unha extensa bibliografía sobre esta temática.

 

 

Este é un primeiro volume sobre este tipo de arquitectura, xa que os tres autores xa están traballando no seguinte libro, que tamén editará o IESCHA, sobre os cruceiros de Vilalba.

 

O acto terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Vilalba o vindeiro venres, día 15 de xaneiro, ás 20.30 horas e intervirán no mesmo: Fernando Arribas Arias, Xosé Manuel Blanco Prado e Mario Saavedra Pérez, autores do libro; Darío Xohán Cabana, prologuista do mesmo, e Manuel Castro Santamariña, presidente do IESCHA.

Cultura