ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de As Pones, mediante o departamento municipal de Deportes, ampliará os cursos gratuítos de piraguismo e caiac polo que, durante o pasado mes de febreiro, se estiveron a desenvolver na piscina municipal climatizada. A gran acollida recibida por parte da cidadanía levou ao departamento que dirixe Eva Conde a ampliar esta oferta lúdico deportiva coa que colaboran os palistas do Grupo Xuvenil que, cada sábado, exercen de profesores.
Neste mes de marzo terán lugar dúas clases os días 12 e 26 de marzo en horario de 18.00 a 19.30 horas e que terán como destinatarios os estudantes de Educación Primaria de entre 6 e 12 anos que deberán saber nadar para tomar parte nesta actividade. Xa en abril, e denantes de Semana Santa, celebraranse dúas novas clases nas fins de semana do 2 e 9 de abril en idéntico horario.
No que respecta ao número de prazas ofertaranse un total de 15 ao que se sumarán as 10 xa ocupadas polos rapaces e rapazas que xa asistiron neste mes de febreiro a estas clases e que non deberán formalizar novamente a súa inscrición. Ademais, os propios pais ou titores poderán participar novamente nestas actividades que serán, unha vez máis, totalmente gratuítas.
Para obter máis información ou formalizar a inscrición é posible achegarse ata as oficinas do pavillón polideportivo municipal de luns a xoves en horario de 9.00 a 13.45 horas ou ben ata a Casa do Concello os venres tamén no mesmo horario. Tamén é posible telefonar ao 667 19 20 99 ou ben remitir un correo electrónico ao enderezo www.ana.alonso@aspontes.org no caso de querer realizar algún tipo de consulta.
A páxina web municipal (www.aspontes.com.) tamén conta con detallada información sobre estes cursos e coa folla de inscrición para participar nestas actividades.