Os danos do Prestige

Os danos do Prestige

16 de Outubro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Ás 9,50 desta mañá comezou en Expocoruña o macroxuizo do Prestige. Sentáronse no banco dos acusados o capitán do buque, Apostolos Mangouras, o xefe de máquinas, Nikolaos Argyropoulos, e o ex director xeral da Mariña Mercante, José Luis López Sors."Unha catástrofe medio ambiental das características do sucedido no 2002 sobrepasa o ámbito público" afir

 O fiscal de Medio Ambiente de Galicia, Álvaro García Ortiz, solicitou á sala que enxuiza a catástrofe marítima do 'Prestige' a admisión dun informe pericial elaborado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) que eleva a 3.862,42 millóns o impacto económico e ambiental da catástrofe só no caso de España.

   Inicialmente, a Fiscalía avaliara os danos en 2.233,76 millóns de euros, deles 1.974,54 millóns correspondentes ao Estado español; 172,86 millóns para administracións, entidades e particulares de España e outros 86,36 millóns de euros para o Estado francés, administracións, entidades e particulares de Francia.

   No entanto, na súa cualificación dos feitos xa advertía de que esta avaliación económica era "provisional, a curto prazo e á baixa". A pericial que propuxo, e que quedou a disposición do tribunal á espera de determinar se finalmente a admite, "vai máis aló do dano ambiental e abarca a totalidade dos danos", segundo precisou a Fiscalía.

Sociedade