Os datos son ouro

Os datos son ouro
18 de Abril, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

As ciberestafas van en aumento e toda precaución é pouca cando se anda por internet. Por exemplo, á hora de facer compras. Somos moi pouco coidadosos cos nosos datos, “entre nada e  0”, advirte a avogada especializada en protección de datos María Anidos

ESCOITA O PODCAST:

Unha persoa de Fene foi vítima dunha estafa online. Na modalidade de estafa do amor. Detiveron a un coruñés que se valeu de perfís falsos en webs de citas para estafar polo menos a nove persoas de distintos lugares de Galicia e de fóra. So é un dos moitos casos que se producen, e non todos se resolven. “O eslavón máis débil somos as persoas, tendemos a non fixarnos, somos moi confiados e, ao mesmo tempo, as estafas son cada vez máis perfeccionadas”, sinala María que recomenda denunciar, sempre.

Os nosos datos poden estar en todas partes, nome, teléfono, correo electrónico, número de conta…”é o que buscan os ciberestafadores”. Ter un antivirus no móbil e no ordenador e que estea actualizado, aconsella María Anidos. Cando facemos compras convén comprobar o aviso legal da páxina web, para saber que empresa está detrás. “Se non atopas a información desconfía”,

Sociedade

Publica o teu comentario agora