ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
"Os de Maniños mataron a besta, en Barallobre coméronna fresca,...". Comezaba dese xeito unha canción popular nos anos trinta do século vinte. Non cantarán esa peza, os xobadores do Maniños e o Barallobre que se enfrontan este sábado. Ningún dos dous equipos se xoga nada na clasificación da Segunda Galicia de fútbol, pero o partido ten o aliciente da rivalidade local. Xogarase ás catro e media da tarde no campo do Pote de Maniños. Pitará o arbitro Ruben Díaz. É o último partido da fase e o Maniños pelexará desde o oito de decembro no grupo polo título. O Barallobre xogará no grupo B.

O adestrador do Maniños Pablo Mesa pensa xa na próxima fase que será unha competición moi esixente. Por iso enfocará o partido coa intención de recuperar xogadores. O técnico do Barallobre Óscar Varela quere darlle á volta á situación negativa que o equipo padece nos últimos partidos. O equipo do Ramo quere centrarse xa na segunda fase. O derbi do sábado será un partido máis, para o adestrador
O Pote recibe ao Meirás en Maniños o domingo ás doce e cuarto da mañá. Arbitra o colexiado Daniel Fernández.
O Perlío visita ao Galicia de Mugardos B no campo da Pedreira tamén o domingo as catro e media da tarde. Dirixirá o encontro Raúl Acebo. O equipo dos Pinares non afrontará o partido relaxado, pero é certo que non haberá tanta tensión como nos últimos partidos. O míster Chechu Piñeiro quere seguir preparándose para a seguinte fase e darlle minutos á xente que xogou menos.
O Perlío, Cultural Maniños e O Pote clasificáronse para o grupo que loitará polo título da Segunda Galicia de fútbol. A competición comezará o oito de decembro.
Publica o teu comentario agora