Os de Scratch competirán no internacional

Os de Scratch competirán no internacional
12 de Agosto, 2020 - 10:48 h. | Publicada por Radio Fene

Os de Scratch Fene disputarán o Rallye de Ferrol nun dos novos Peugeot 208 Rally 4. Esta é a segunda proba puntuable para o Tour European Rally.

Fátima Ameneiro e Édgar Vigo de Scratch Fene

Logo de obter o Supercampionato de España de Rallyes en dúas rodas motrices no 2019, o equipo da Escudería Scratch Fene continúa marcándose retos cada vez maiores. Nesta ocasión co Tour European Rallye, certame no que Ferrol é a súa segunda cita e que os levará a Bélxica, Rumanía e Francia.

Segundo Édgar Vigo, dar o salto a nivel internacional é algo que levan buscando ao longo da sua traxectoria. Ata o momento, son o único equipo a nivel estatal que seguirá este certame e agardan que a sua experiencia os axude na competición estranxeira. Fátima Ameneiro confesa que tiveron moitas dúbidas sobre como orientar a tempada pero, logo de moito traballo, pensa que merecen un desafío.

O Rallye de Ferrol será a carreira de saída para Édgar Vigo e Fátima Ameneiro neste certame que se viu reducido a 5 probas debido ao coronavirus. Contarán co apoio de GCMotorsport, xestionado por Joel Guerrero. Nesta ocasión, a kilometraxe do rallye verase moi reducida, algo que dende Scratch Fene pensan que non lles beneficia.

O Tour European Rallye conta cun importante despliegue de medios e sirve de promoción turística para todos os lugares nos que se desenvolve a competición. O equipo agarda ser un gran escaparate da súa terra alí onde compitan e ofrécese ás institucións para levar a marca Ferrolterra.

Deportes

Publica o teu comentario agora