Os deterxentes veganos existen

Están feitos con aceite de trigo e véndense a granel
09 de Outubro, 2020 - 07:00 h. | Publicada por Radio Fene

Existen os deterxentes "veganos" feitos con aceite de trigo no lugar de produtos petroquímicos. Son deterxentes biodegradables no 98% e por iso mais amables co medioambiente.

ESCOITA O PODCAST:

Tras a primeira guerra mundial naceron os deterxentes, co petróleo como fonte para a súa fabricación. Os deterxentes, tal e como os coñecemos hoxe en dia, fabrícanse con produtos petroquímicos e oleoquímicos, vocábulos que soan moi mal. Por iso buscamos produtos que sexan máis amables co medioambiente. Os produtos veganos están feitos a base de aceite de trigo e biodegradables no 98% . “Funcionan moi ben e son tan concentrados que se utilizan en doses moi pequenas” explica Margarita Rodriguez, de Eco 4 Narón.

Hai ademais un amplo abano de deterxentes segundo a roupa que lavemos: deterxente base sen perfume e 12 fragancias para perfumar; deterxente especial para roupa branca ou para roupa escura; para la e prendas delicadas; para lavadora perfumado; para roupa sintética que garda malos olores e por último deterxente en po. Logo están os suavizantes con ou sen perfume.

Os envases son outro conto. En 4 Eco dispensan os deterxentes desde bidóns con billas para encher os envases que se recomenda levar de casa, aqueles que proceden de produtos de limpeza. Trátase de reutilizar recipientes de plástico para reducir a súa produción e os residuos. Di convencida Margarita Rodríguez que “a xente temos máis poder do que pensamos e si nós demandamos, as empresas teñen que adaptarse e concienciarse tamén”. Só se poden reutilizar os envases de limpeza, non os de bebidas e xeles.

Sociedade

Publica o teu comentario agora