Os doentes de fibromialxia piden que se recoñeza a enfermidade como incapacitante

Os doentes de fibromialxia piden que se recoñeza a enfermidade como incapacitante

12 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

"Incomprendidos e indefensos” aseguran sentirse os enfermos de fibromialxia. Trátase dunha enfermidade crónica que afecta sobre todo a mulleres e ocasiona dor nos músculos, tendóns e ligamentos, así como un esgotamento profundo. Foi recoñecida no ano 1992 pola Organización Mundial da Saúde como unha doenza específica dentro dos reumatismos, pero en España non está declarada como incapacitante, o que se converte nunha das

O BNG presentará unha iniciativa pola que se insta ao Goberno a que recoñeza esta enfermidade como incapacitante, unha proposta coa que din sentirse “moi esperanzados” desde a Asociación Galega de Fibromialxia. A súa presidenta, Dolores Bermúdez, matiza que esta declaración afectaría só a algúns casos, posto que moitos dos que sofren esta doenza poden e queren traballar. Na mesma liña, reclaman que se promovan as adaptacións dos postos laborais ás condicións físicas dos afectados.

Outra das principais demandas deste Día Mundial pasa pola reclamación de maiores investimentos en investigación, xa que na actualidade se descoñece a orixe da fibromialxia e, consecuentemente, o xeito de tratala. No que respecta ao eido sanitario, Dolores Bermúdez considera que os médicos de cabeceira deberían ter máis recursos para atendelos, en lugar de desvialos sistemática e inutilmente aos distintos especialistas. A este respecto, lembra que o 6% dos pacientes de atención primaria son afectados por fibromialxia.

Sociedade